Sábado, 22 de junio de 2019

     Ao longo destas últimas semanas rematamos o noso PROXECTO traballando os seguintes aspectos sobre GALICIA:

  • CONSTRUCCIÓNS GALEGAS: hórreo, cruceiro, pazo e muíño.
  • VIAXAMOS POR GALICIA: lugares significativos: A Torre de Hércules na Coruña, as Termas de Ourense, a Muralla Romana de Lugo e os Hórreos de Combarro en Pontevedra.
  • LETRAS GALEGAS: Antón Fráguas.
  • O BAILE GALEGO: A Muiñeira.
  • GASTRONOMÍA GALEGA: rimas de comidas e postres.
  • FESTAS QUE SE CELEBRAN EN VILAGARCÍA: Santa Rita e San Roque.
  • FESTA DO APÓSTOLO: 25 de xullo, festa do patrón de Galicia.
  • A QUEIMADA: o pote, o conxuro, os ingredientes...

     Con todo este traballo, rematamos os nosos Lapbooks e así de bonitos nos quedaron:

Domingo, 14 de abril de 2019

     Rematou o 2º Trimestre deste curso e ao longo do mesmo fomos avanzando no noso Proxecto sobre Galicia. Ademáis de estudiar os lugares onde vivimos os nenos e nenas da clase, tratamos os seguintes aspectos:

COÑECEMOS O MÁIS CARACTERÍSTICO DOS LUGARES NOS QUE VIVIMOS:

VILAGARCÍA DE AROUSA:

A CAPITAL DE GALICIA:

ROSALÍA DE CASTRO:

MULLERES GALEGAS IMPORTANTES:

O TRAXE TÍPICO GALEGO:

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS GALEGOS:

O ENTROIDO:

Sábado, 19 de enero de 2019

     Empeza un novo trimestre e, con el novos contidos para seguir aprendendo cousas sobre Galicia.

Xoves, 27 de decembro de 2018

     A continuación  tedes un vídeo cun resumo de todo o que aprenderon os peques ao longo do primeiro trimestre sobre Galicia.

    E aquí tedes un vídeo cos traballos feitos por algúns de vós. Os peques que contribuíron co proxecto levaron un pequeno agasallo. Noraboa e para o próximo ano animádevos máis.

Sábado, 3 de novembro de 2018

    Como xa sabedes, este curso o noso proxecto titúlase SABELA COÑECE GALICIA e, tal e como di o título, estamos aprendendo cousiñas da nosa terra.

       1. Aprendemos a localizar Galicia nunha bola do mundo, no mapa mundial extendido, no mapa de Europa e no mapa de España.

 

           2. Aprendemos que Galicia ten 4 provincias e que a mellor de todas é Pontevedra porque é a nosa, jejeje.

 

           3. Aprendemos que os símbolos de Galicia son 3: a bandeira, o escudo e a lingua galega. A profe explicounos que o escudo de Galicia leva 7 cruces porque fai moitos, moitos, moitos anos, Galicia tiña 7 provincias en lugar de 4 como agora.

 

           4. Localizamos o noso cole en Rubiáns, un lugar que está situado en Vilagarcía de Arousa que é a nosa localidade.

 

           5. E xa sabemos que Vilagarcía está na provincia de Pontevedra.

 

           6. Estamos aprendendo esta rima tan bonita de Manuel María nos Soños na gaiola.

      Aquí podedes ver, a modo de resumo todo o que levamos feito no noso proxecto. Aínda queda moito, moitísimo por facer, a ver ata onde chegamos...

       Gracias pola vosa colaboración. Sen vós todo sería máis complicado.